martes, 25 de abril de 2023

TERRARIO AUTOSUFICIENTE

Que é un terrario autosuficiente? É un espazo cerrado para que viva unha planta sen necesidade de aire, humidade nin alimento do exterior, parece maxia! Os nenos e nenas de 2º curso fixemos o noso propio terrario autosuficiente, seguindo estes pasos: Fai falta un recipiente de cristal,con peche hermético. Elixir ben a planta que se utilicen, non todas serven. Poñer pedriñas no fondo do recipiente e encimas destas terra moi ben abonada. Poñer a planta sobre a terra con moito coidado. Observar a súa evolucion durante uns días. Regar e pechar o frasco. A planta vai crear o seu propio ciclo da vida. As follas mortas achegarán nutrientes, as follas captarán a luz solar e xerarán osíxeno e, como o recipiente vai estar pechado, non se perderá nin unha gota de auga.