Hoxe, 20 de abril, o alumnado de 3ºB asistiu a un obradoiro sobre as especies vexetais do xardín ecolóxico que se está a facer no noso colexio.
Primeiro recibiron unha pequena charla explicativa para identificar as especies plantadas no horto ecolóxico e a razón de por que se escolleron esas especies e se colocaron dunha determinada maneira. Así descubriron que as plantas aromáticas como a lavanda e o tomiño protexerán a outras plantas porque o cheiro que desprenden espanta a certos insectos. Tamén viron as asociacións que se establecen entre certas especies; por exemplo, as fabas vanlle proporcionar nitróxeno ás cebolas e as acelgas que se plantaron ao lado e permitirán que medren antes.
A continuación, dividiuse a clase en varios grupos e comezaron a traballar. Un grupo rotulou en anacos de tella os nomes das plantas do horto, que despois foi poñendo no sitio correspondente; outro foi colocando mazorcas de millo para delimitar a zona de plantación e marcar mellor os camiños entre as plantas e así poder achegarnos a elas sen danalas; o terceiro plantou sementes a carón da parede colocando especies que van protexer o noso horto e o cuarto foi regando as plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario